Eventos


SORTEO PECHADO, CALENDARIO CIENTÍFICO ESCOLAR 2025. En Xaneiro de 2025 públicase en dixital o Calendario Científico Escolar 2025, no que se recollen moitas das propostas enviadas por Pakolas durante estes últimos anos, inspiradas no mundo da música e das personaxes dos seus espectáculos e libros. O Calendario podedes descargalo eiquí, na súa versión en GALEGO


E dende o 6 de Febreiro de 2024, ata o día 9 de Febreiro de 2025 (ambos incluídos), podedes participar no sorteo de DEZ exemplares en papel que se organiza a través das nosas redes sociais, Facebook, Instagram e Twitter (X), cedidos pola Universidade da Coruña (Vicerreitorado de Divulgación, Cultura e Deporte) e a Fecyt Ciencia (Fundación Española para la Ciencia y Tecnología)

GAÑADORAS

@ampejaiwei (Twiter X)
@mariabaofente (Twiter X)

@afagaioso (Instagram)
@isa.cam.da (Instagram)
@anxossobrino (Instagram)
@iriapazos_ (Instagram)

Anpa Monte Tahume Ceip Olveira (Facebook)
Uxia Fonseca Roque (Facebook)
Sandra Psique e Gaia (Facebook)
Gabriela Draculina (Facebook)


SORTEO PECHADO. O 23 de Decembro de 2024 resólvese o sorteo de 10 exemplares de «Ecoralia, a lambona ecolóxica» en formato físico, promovido polo CRAEGA e PAKOLAS, a través das redes sociais nas publis de Facebook e Instagram de Pakolas e o Craega. As gañadoras e gañadores son:

Resolución FB

Facebook 1: Chantrisse Cross Kowalski
Facebook 2: Inés BL
Facebook 3: Xabier Domínguez
Facebook 4: Marta Fernández Vidal
Facebook 5: Emi Candal Bouzas

Resolución IG

Instagram 1: @cuentista_trapecista
Instagram 2: @bggarea
Instagram 3: @libros_e_libros
Instagram 4: @lucia.regueiro
Instagram 5: @vaneceide

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto con nós por mensaxe privada nas redes sociais (Pakolas ou Craega) para facilitarnos os datos de envío (nome completo, enderezo e número de teléfono) para recibir o seu premio. Prazo hábil de 5 días naturais, ata o 28 de decembro de 2024 incluido. En caso de non recibir a información privada dalgunha das persoas gañadoras volverase a publicar resolución o día 29 de decembro de 2024 ata completar o envío dos 10 exemplares de Ecoralia.

Este libro musical está dispoñible en dixital para descarga libre, e non terá polo momento tirada comercial, distribuirase de xeito gratuito polas Bibliotecas de Galicia no vindeiro ano 2025.

sorteo_craega_Face_resolucion

BASES DO SORTEO ECORALIA


SORTEO PECHADO. O 6 de Xaneiro públicase en dixital o Calendario Científico Escolar 2024, no que se recollen moitas das propostas enviadas por Pakolas a finais do ano 2023, inspiradas no mundo da música e das personaxes dos seus espectáculos e libros. O Calendario podedes descargalo eiquí, na súa versión en galego

E dende o 18 de Xaneiro de 2024, ata o día 24 de Xaneiro, podedes participar no sorteo de CATRO exemplares en papel que se organiza a través das nosas redes sociais, Facebook, Instagram e Twitter (X), cedidos pola Universidade da Coruña (Vicerreitorado de Divulgación, Cultura e Deporte) e a Fecyt Ciencia (Fundación Española para la Ciencia y Tecnología)

Gañadoras

Juan Carlos Fernández Fernández (Facebook)

Xoaninha Guerrilleira (Facebook)

@biblioteca.ceip.bouzabrey (Instagram)

@oFenicio (Twiter/X)

sorteocalendarioweb2024


sorteoramonapequenadegundaWEB

SORTEO PECHADO.

A GAÑADORA É Ariana Suárez Chorén.


SEGUNDA EDICIÓN E SEMANA MUNDIAL DO ESPAZO. XA CHEGA A SEGUNDA EDICIÓN de «A Ramona Pequena vai á Lúa» así que festexámolo nas redes sociais con agasallo de LibroQr e mais a nosa nave espacial, aproveitando que esta semana foi a Semana Mundial do Espazo (4-10 Outubro). Podedes participar dende Facebook, Instagram ou Twitter.

O prazo para participar remata o martes 17 de Outubro de 2023 ás 23.59 h, e inmediatamente darase a coñecer a gañadora ou gañador ao día seguinte, tamén se publicará neste post da nosa web. Só se farán envíos dentro da Península, ou tamén recollida nalgún dos concertos por Galicia adiante. GRAZAS


F0Oc591WIAA-jEL

SORTEO PECHADO. XA SOMOS MAIS DE 10.000 nas redes sociais, así que como non queda nada sen festexar, vai pequeno agasallo de agradecemento. Podedes participar dende Facebook, Instagram ou Twitter.

O prazo para participar remata o domingo 9 de Xullo de 2023 ás 23.59 h, e inmediatamente darase a coñecer a gañadora ou gañador ao día seguinte, tamén se publicará neste post da nosa web. Só se farán envíos dentro da Península, ou tamén recollida nalgún dos concertos por Galicia adiante. GRAZAS

As gañadoras son:

Instagram: @laclasede_sara

Facebook: Vanesa Rouco Ramudo

Twitter: Carmen Gimenez


SORTEO PECHADO. Con motivo da ESTREA do novo LibroQr de Pakolas «A Ramona pequena vai á Lúa» no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, o 23 de Abril ás 12.30 h, sorteamos un exemplar a través das redes sociais entre todas as que vos animedes a asistir.  Podedes participar dende o Facebook, Instagram ou TwitterGAÑADORA: LOLA DE RIBEIRA

GANA2

O prazo para participar remata o venres 21 de Abril de 2023 ás 18.00 h, e inmediatamente darase a coñecer a gañadora ou gañador. Farase entrega do exemplar na ESTREA do espectáculo o día 23 de Abril en Pontevedra, no Recinto Feiral de celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.  


🎉🎊 ESTREA CANCIÓN + SORTEO do NOVO LIBRODISCO! 🎉🎊
Aquí está un cachiño dunhas das novas cancións de Pakolas, con todas e todos vós “Despistada” incluida no novo traballo «A Ramona pequena vai á Lúa». Seguimos coas aventuras rockeiras de Ramona, desta volta de pequena. Poñede ben as orellas e abride ben os ollos que hai algunhas pistas, que isto vai con #agasallo, co sorteo do novo libro de Sonárbore

Xa imos precisando algo de azos para a recta final desta ESTREA, así que vos pedimos que afinedes ben eses ánimos e lle deades ao enxeño, imaxinando como sería para vós Ramona pequena: un debuxo, unha foto disfrazadas/os de Ramona de nena, un vídeo, etc. AQUÍ NON HAI LÍMITES, IMAXINACIÓN E ROCK AND ROLL!! Podedes participar dende Facebook, Instagram ou Twitter. MOITA SORTE!

Faranse envíos a toda Galicia. Non hai límite de idade. O prazo para participar remata o próximo 26 de Marzo, e darase a coñecer a/o gañadora o día 28 de Marzo. Non se fará envío ata que non estea editado o novo libro. Todas as fotos e vídeos subidos para participar, poderán ser empregados de xeito público para posteriores publicacións nas redes sociais ou na web http://www.pakolas.com, cedendo a Pakolas todos os dereitos sobre as mesmas.

GAÑADORA: Carmen Vázquez

ganhadoraconcurso_ramonapequena

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


🥳S O R T E O 🥳 Coa alegría das reedicións dos dous libros de Pakolas pola EDITORIAL GALAXIA, tras varios meses esgotados no seu formato LibroCD, sorteamos un exemplar de cada un deles, a SEGUNDA edición en LIbroQR de «Pakolas«, e a CUARTA edición tamén en LibroQR de «Ramona Órbita a dona do tempo«. SORTEO PECHADO, o próximo mércores día 15 publicaremos a gañadora: SONIA CANCELA

sorteo4edGEN


O 8 de Xaneiro públicase en dixital o Calendario Científico Escolar 2023, no que se recollen moitas das propostas enviadas por Pakolas a finais do ano 2022, inspiradas no mundo da música e das personaxes dos seus espectáculos e libros. O Calendario podedes descargalo eiquí, na súa versión en galego

E dende o 8 de Febreiro, ata o día 15, podedes participar no sorteo de tres exemplares en papel que se organiza a través das nosas redes, Facebook, Instagram e Twitter. SORTEO PECHADO

sorteocalendario2023

E eiquí as propostas enviadas por Pakolas para este ano 2023! Que fan Rita Queimadelos, Teresa Mirás, Begoña Vila ou Brian May todas xuntas? Pois formar parte deste nova edición do Calendario Científico Escolar. A nosa Ramona Órbita, muller inventora galega, quixo este ano seguir dando valor a estas gran mulleres científicas galegas, tamén a rockeiros tan afamados, a inventoras e a avances no mundo musical rockeiro que nos rodea. Podedes gozar deste marabilloso calendario cada día.  

propostas2023_apaisado

todas


Para rockear e tocar a guitarra eléctrica o que precisamos é unha boa «púa»! Pakolas vén cunhas moi molonas e ademais tedes boa nova, porque podedes participar no SORTEO de 15 pares delas nas redes sociais de FacebookInstagram e Twitter. 

E xa podedes consultar a resolución do SORTEO, en cada rede FacebookInstagram e Twitter. 

sorteopugasface1


O Calendario Científico Escolar 2022 recolle as propostas de Pakolas, de libre descarga en galego eiquí.

2022 calendario PROPOSTO FACE

O Faro Educa de Faro de Vigo do día 8 de febreiro de 2022 recolle as achegas enviadas dende Galicia e dende este noso mundo rockeiro para a confección do Calendario Científico Escolar por parte do CSIC, salientando as científicas galegas nesta semana de celebración da Muller e a Nena na Ciencia, e lembrando nosa científica e labrega favorita, Ramona Órbita, protagonista do último librodisco de Pakolas.  Aquí podedes atopar o artigo completo

Faro de Vigo - Faro da Escola-1

O 11 de Xaneiro públicase en dixital o Calendario Científico Escolar 2022, no que se recollen moitas das propostas enviadas por Pakolas a finais do ano 2021, inspiradas no mundo da música e da personaxe do seu último librodisco «Ramona Órbita, a dona do tempo», unha muller galega da Serra do Courel, científica e inventora que posúe unha máquina do tempo. 

2022 calendario PROPOSTO FACE

Así foron enviadas propostas relacionadas con mulleres científicas e inventoras galegas, e tamén efemérides relacionadas coa música, como a patente da guitarra eléctrica ou a música mais afamada do «theremin». O Calendario podedes descargalo eiquí, na súa versión en galego.

propostas_calendario_2022_2


Pakolas no LGx15 (Edición 2021)

Aínda que ao mellor non o imaxinades, o meu percorrido lingüístico bebe das dúas marxes do Atlántico, de México e Galicia. Como é posible? Son fillo de galegos pero fun moi pequeno para aló e regresei hai pouco máis de 20 anos. Hoxe a miña vida profesional e persoal é en galego, pero quero contarvos como cheguei ata aquí, como me deixei acoller polo galego.

LGx15_2021_persoa_cerdeira

Mais info en www.lgx15.gal/2021/paco-cerdeira-pakolas/

Aquí podedes ver o paso de Pakolas polo LGX15 https://www.youtube.com/watch?v=skiwQddtyOw&t=6s


Pakolas e Laura Romero participan no Especial Cabalgatas 2022 da TVG. 

O 5 de Xaneiro de 2022 festexouse polo país adiante a chegada dos Reis Magos. A TVG emitiu un especial dende as sete cidades galegas, e Pakolas e Laura Romero participaron dende os platós da TVG co seu rock infantil e a súa ilustración en directo. Podedes velo eiquí.


Web construida con WordPress.com.

Subir ↑