Ve a luz «Ecoralia, a lambona ecolóxica» xunto co CRAEGA

 

(13/12/204) O 13 de decembro de 2024 ten lugar a primeira presentación oficial do cuarto traballo de Pakolas e Laura Romero,  «Ecoralia, a lambona ecolóxica» no auditorio Gustavo Freire de Lugo, cun pase didáctico para a rapazada dos coles. Este proxecto que naceu fai máis dun ano da man do Craega ve a luz cunha ESTREA chea dos nervos do primeiro concerto, que veñan moitos máis!

Cartel_GustavoFreire_publi

E vós aínda non coñecedes á Ecoralia?, o proxecto desta pequena lambona abarca un libro en formato físico, un álbum musical moi rockeiro con seis cancións e unha unidade didáctica que podedes descargar de xeito libre dende a web do Craega. O formato físico será distribuido polas Bibliotecas de Galicia neste 2025

BIBLIOTECAS DE GALICIA, EXEMPLAR EN PAPEL LISTADO II

Esta iniciativa nace co obxectivo de concienciar aos máis pequenos e pequenas, e tamén a nós as adultas, sobre os beneficios de consumir alimentos ecolóxicos certificados, para coidar o medio ambiente tanto na terra coma no mar, combater o cambio climático e garantir o benestar animal

Aquí un resumo na presentación con Pakolas, Laura Romero e o Craega

DESCARGA DO LIBRO E A MÚSICA

 

Web construida con WordPress.com.

Subir ↑