Festexos

E ti, que festexas hoxe?

Sexa ou non día de festexo, a vida hai que celebrala e sempre con moito rock and roll. En Pakolas atoparás diferentes datas coas que poder festexar e aprender: a música, a lingua, os días mundias nos que reinvindicar, a escola, os libros, as bibliotecas, as nosas científicas, o medio ambiente, a reciclaxe, as nosas tradicións, os xogos, a nosa cultura, e moitos mais….. Vén a descubrilas nas nosas redes sociais!


diacienciaengalicia2023

4 de Outubro é o Día da Ciencia en Galicia, e festexámolo con Aurora Grandal d´Anglade, Paleontóloga Doutora en Bioloxía da UDC, que recibe hoxe unhas das Medallas de Investigación 2023 da RAGC

Destaca polo seu estudo interdisciplinar de #Elba, a muller mesolítica de Galicia, o resto humano máis antigo atopado na nosa comunidade. Dirixe o Instituto Universitario de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal”, onde creou o Laboratorio de Paleontoloxía Molecular, pioneiro no territorio nacional. Tamén puxo en marcha un laboratorio específico de ADN antigo, único en Galicia. Céntrase no estudo dos mamíferos fósiles dos xacementos galegos desde diferentes enfoques.

Podedes coñecer mais sobre Aurora Grandal nesta entrevista de La Voz de Galicia


diamatematicas2023tw

Xa sabemos que a moitas non vos gustarán, pero lembrade, AS MATEMÁTICAS ESTÁN EN TODAS AS PARTES, ata na PIZZA! A esta fáltalle un chisco de altura e algo de raio, e sobre todo para o volume total faltan 3 bos cachos

En novembro de 2019, a UNESCO declarou o 14 de marzo como Día Internacional das Matemáticas. En moitos países xa se celebraba como o día do número Pi (si, o afamado 3.141592653589……) que redondeado a dúas cifras decimais é 3,14 e coincide co formato desta data no mundo anglosaxón (3/14)


8m2023_TWITER

💪💜Hoxe 8 de Marzo é o Día da Muller. E un ano mais no que Ramona Órbita se suma ás reinvidicacións deste día, tan necesarias. Festexámolos avances pero pedimos cambios para as que están e as que virán.


O 23 de Febreiro festexamos polo país adiante o Día de Rosalía, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da nosa autora mais universal, Rosalía de Castro. «Agasalla un libro en galego e unha flor», campaña que promove a AELG dende 2010. Dende Pakolas e como particular homenaxe, deixamos por aquí a Rosalía escoitando unha boa canción rockeira en galego, e xa que estamos, propoñemos un LIBRO-CD, que os hai ben xeitosos onde escoller, coma o de Ramona Órbita

Web construida con WordPress.com.

Subir ↑